CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O IES Xermán Ancochea de Trives gradúa aos seus alumnos de 2º de Bacharelato

Os recén graduados no IES Xermán Ancochea cos profesores. /Foto cedida.

 

Na tarde deste martes 18 de maio, xusto despois do Día das Letras Galegas, celebrábase no IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, a festa de graduación dos alumnos de 2º Bacharelato.

A situación sanitaria segue sendo delicada e todas as medidas de prevención son poucas, por iso, a deste curso foi unha graduación atípica e marcada polas medidas anticovid, coa única presenza dos alumnos e dos profesores. “Quixemos evitar calquera posibilidade de risco de contaxio xa que hai estudantes de diferentes localidades, por iso decidimos facer o acto sen os pais, pero tanto eles como todas as familias puderon seguilo por videoconferencia”, explica o director do instituto, Francisco García, lembrando que en poucos días os alumnos deberán enfrontarse ás probas de selectividade.

Foi un acto diferente si, pero non por iso menos bonito e emotivo, coas diferentes intervencións (do equipo directivo, da titora, dos alumnos, de nais e pais e mesmo de profesores doutros cursos que entraron en directo na retransmisión), a entrega das orlas, a imposición das bandas, os bos desexos para o futuro e o broche musical a cargo do grupo do instituto.

Tampouco faltou a foto para o recordo da graduación dos dez alumnos desta promoción: Hugo, Mario, Raúl, Lucía, Victoria José, Jorge, Eva, Martín, Alexandra e Miguel.

 

Artigos relacionados

Back to top button