ConcellosÚltima hora

O IES Xermán Ancochea Quevedo da P. de Trives está libre de Covid-19

Valdeorras mantén cinco positivos, os mesmos que onte

Exterior do IES Xermán Ancochea de Trives.

 

Continúan á baixa os casos activos de Covid-19 nos centros educativos do oriente ourensán que suman un total de 5. Isto supón 1 menos que os comunicados onte pola Xunta, ao quedar libre de virus o IES Xermán Ancochea Quevedo da P. de Trives. O resto de centros mantén as cifras da xornada anterior.

Así, no Barco, a Escola Infantil Los Juglares continúa con 2 positivos e o CEIP Otero Pedrayo de Viloira, con1. Na Rúa o IES Cosme López Rodríguez mantén 2 casos activos.

Por outra banda, o IES de Quiroga mantén un positivo e o CEIP San Clodio (no municipio de Ribas de Sil) continúa con outro caso e unha aula pechada.

Artigos relacionados

Back to top button