CulturaCulturaÚltima hora

O IEV homenaxeará ao xornalista barquense José Antonio Gurriarán

Este acto está previsto para o 1 de febreiro ás 19:30h. no Casino do Barco

José Antonio Gurriarán, xunto ao río Sil, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) está preparando unha homenaxe ao xornalista e escritor barquense José Antonio Gurriarán, falecido en marzo do pasado ano e que era membro de mérito desta entidade. Este acto está programado para o vindeiro 1 de febreiro ás 19:30h. no Casino do Barco.

“Actuará como ponente o seu sobriño Carlos Santos Gurriarán, tamén xornalista e autor de numerosos libros. Era unha débeda que tiña o IEV con quen colaborou tantas veces como foi requerido”, tal e como adianta Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV.

José Antonio Gurriarán contaba cunha destacada traxectoria xornalística. Foi director de varios diarios nacionais e xefe de informativos de TVE, ademais de director da segunda cade de Canalsur. Asemade desenvolveu durante moitos anos o labor de corresponsal de TVE en Lisboa.

Aurelio Blanco  tamén anuncia que en datas próximas “farase tamén xustiza con todos os membros de mérito e valdeorreses ilustres, tanto vivos como xa falecidos, e cos primeiros directivos, membros fundadores do IEV”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close