CulturaCulturaÚltima hora

O IEV nomea “Membro de Mérito” ao barquense Ángel Fernández Fernández

Tamén solicita á Corporación Municipal a apertura dun expediente de méritos para a nomeación do dramaturgo barquense Lauro Olmo Gallego como "Fillo Predilecto do Barco"

Ángel Fernández Fernández. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na reunión da xunta directiva do Instituto de Estudos Valdeorreses que preside Aurelio Blanco Trincado, celebrada o 9 de xullo, tomáronse entre outros dous importantes acordos. O primeiro, solicitar á Corporación Municipal a apertura dun expediente de méritos para a nomeación do dramaturgo barquense Lauro Olmo Gallego, “Fillo Predilecto do Barco”.

O IEV basea esta petición no feito de que o autor “foi un dos máis grandes dramaturgos do século XX, sendo La Camisa, a obra máis representada, sendo traducida a numerosos idiomas e Premio Nacional de Teatro. Con todo e “malia ser galego, ningunha das súas obras foron representadas polo Centro Dramático Galego polo que ao cumprirse no vindeiro mes de novembro o centenario do seu nacemento, compre que o Concello no que naceu lle faga este recoñecemento”, asegura o presidente do Instituto..

Na mesma reunión, o IEV nomeaba “Membro de Mérito” ao que fora presidente e membro activo do Instituto Ángel Fernández Fernández. “É un recoñecemento aos méritos excepcionais que concorren na súa persoa, non só pola laboura importante da súa xestión á fronte do IEV, senón tamén pola que fixo noutras institucións culturais, coma o Casino, ou a Confraría Xesús Nazareno; polas publicacións que fixo sobor da historia de Valdeorras en varios cadernos do IEV e programas de festas dando a coñecer a moitos persoeiros nados en Valdeorras”, aseguran.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button