CulturaCulturaenBarcArteGalerías de fotosÚltima hora

O “Igloo” de Griseo énchese de cor e formas na praza Maior do Barco

Esta é unha das oito instalacións do 2º enBarcArte que poden verse nas rúas e prazas da vila

O branco inmaculado do “Igloo” do artista valdeorrés Griseo, situado na praza Maior do Barco, mudaba por completo a partires das sete da tarde deste 9 de setembro. O autor desta instalación, unha das oito en exterior da segunda edición do festival enBarcArte, convidaba ao público a sumarse a este proxecto creativo pintando ou colorando sobre o seu iglú o que quixeran co lema “Exprésate”.

O “Igloo” antes de ser colocado na praza Maior do Barco./ Foto: Jorge Barredo.

Á convocatoria respondían nenos e maiores botando man de pinceis, sprays ou mesmo rotuladores. Así, este iglú local sen xeo busca converterse nunha “casa común” onde se reúnan as persos para comunicarse libremente e expresar a súa creatividade pintando e intervindo sobre el.

Fotos da galería: A.R.

 

A instalación tras a intervención da tarde do 9 de setembro./ Foto: Jorge Barredo.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close