DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O II Campionato de Karate Memorial José Puente reúne no Barco a preto de 200 deportistas

Participaron karatekas de doce clubs de Galicia e Castela e León

 

Cun novo éxito de participación se celebraba na tarde do 7 de marzo o II Campionato de Karate Memorial José Puente do Barco de Valdeorras, con 186 deportistas de todas as categorías de base.

Dende benxamín ata júnior, pasando por alevín, infantil, cadete e júnior, os karatekas dos doce clubs participantes ían amosando as súas katas aos xuíces, pasando de ronda ata a final, coa posterior entrega de premios, no pavillón de Calabagueiros.

 

 

Organizado polo Club River Stone do Barco, no campionato participaron deportistas de La Virgen del Camino (León), Máster 10 Centro Deportivo (León), Club de Karate Mizukami (Ribadavia), Club de Karate Viana do Bolo, Karate Club Maceda, Karate Club Osaka Trives, Karate Club Ponferrada, Club Karate Toral de Los Vados, Karate Club Bembibre, Club Artes Marciales Fene (Ferrol), Karate Club José Puente ( O Barco) e tamén do club anfitrión.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button