EconomíaEconomíaÚltima hora

O “II Comercio sae á Rúa”, o 4 de xullo

Unha decena de comercios participarán neste Mercado de Oportunidades na Rúa, que incluirá música e actividades infantís

Imaxe da pasada edición do Mercado das Oportunidades na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.
Imaxe da pasada edición do Mercado das Oportunidades na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

Por segundo ano consecutivo, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) materialízaa, en colaboración co Concello rues, pon en marcha a iniciativa “O comercio sae á Rúa”. Esta singular proposta está prevista para o vindeiro 4 de xullo e terá como escenario a rúa Doutor Vila da Rúa. Esta zona converterase nunha superficie comercial ao aire libre duns 500 metros, cun horario de once da mañá a tres da tarde e de cinco da tarde a dez da noite.

Nela instalarase unha decena de expositores de diversos sectores. Así na listaxe de postos estarán os de Chiqui (comercio téxtil e complementos), Fíos (comercio téxtil), Deportes Aris, Lúa (zapatería), Fina Crespo (artesanía), Cool Balea (deporte e complementos de téxtil), Love Natural-Salgado Saint-Remy, SL (herboristería), Confecciones Mondelo (comercio téxtil), Mercería Raquel (mercería e bordados) e Ágora (comercio téxtil e complementos). Ao mesmo tempo non faltará a música na rúa, así como actividades de animación para os nenos. Entre os postos haberá tamén un de polbo á feira.

Por outra banda, no mes de xullo AEVA organizará unha nova xornada co Igape (logo da realizada o 30 de xuño sobre comercio electrónico), desta volta sobre “innovación e competitividade”. Impartirase no salón de usos múltiples do Concello do Barco o día 14 de xullo ás 19h.

Texto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button