ConcellosÚltima hora

O II Concurso de Microrrelatos “Un magosto literario” de Trives xa ten ganadoras

Alexandra Sierra resultaba galardoada por “Diario de Outubro” na categoría de 12 a 17 anos e Ana G. Earley na de máis de 17 por “A cantiga da montaña”
Comezo dun dos textos premiados.

Un total de 23 relatos concurrían á segunda edición do Concurso de Microrrelatos “Un magosto literario” que convocaba neste outono o Concello da Pobra de Trives. Despois de ler este conxunto de traballos, o xurado acordaba diferenciar as obras en dous bloques segundo franxas de idade: por unha banda os escritores por autores de 12 a 17 e, pola outra os de 17 anos en adiante.

Deste xeito, resultaban finalistas e ganadoras este ano cun premio de 100 euros máis un lote de libros cada unha: Alexandra Sierra Rioz na categoría de 12 a 17 anos por “Diario de Outubro” e “A cantiga da montaña” de Ana García Earley na categoría de 17 anos en adiante.

 

O xurado durante as súas deliberacións./ Foto: Concello de Trives.

 

Os premios serán entregados na tarde do sábado 10 de novembro durante os festexos do Magosto, a partires das 4 no Patio Santa Leonor. Dende o Concello de Trives felicítase ás galardoadas e destácase que é “marabilloso ver o éxito acadado pouco a pouco subindo da edición pasada de 9 a 23 obras presentadas neste 2018, e de moi bo nivel todas elas”. Asemade agradécese o labor do xurado “que estivo deliberando consecuentemente todas e cada unha das decisións tomadas para o seu veredicto final valorando moi positivamente a importancia deste tipo de concursos”.

Os relatos premiados poden lerse no seguinte enlace:
https://www.facebook.com/concellodapobradetrives/

Artigos relacionados

Back to top button