DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O II Legume Jam enche de púbico o “Skatepark” do Barco de Valdeorras

Máis de 30 mozos participaron nas modalidades de Scooter, Skate e BMX

Scooter (patinete), Skate e BMX (bicicleta). Son as tres modalidades de competición da Legume Jam que na xornada do sábado 15 de setembro, enchía de público o Skatepark ubicado no paseo do Malecón, no Barco de Valdeorras.

Con menos participación que o ano pasado, eran os scooters os que abrían xa de mañá a II edición do campionato organizado polo barquense Christian Pombo (profesional de BMX). Participaban cinco rapaces e o gañador foi Hugo Vega de Ponferada que levou tamén o premio do best trick. Segundo foi Daniel Bertuce do Barco e terceiro Sergio Zarauza tamén de Ponferrada.

 

Un dos premiados nesta II edición do Legume Jam.

E xa pola tarde, pasadas as 21h. o best trick do barquense Samuel pechaba esta II edición da Legume Jam que reuníu a un total de 32 deportistas. A competición de skate abría a sesión de tarde, con 16 participantes que finalmente se resolvía con tres no podio: Álex Vázquez de Vigo era o primeiro clasificado, Borja “Pulga” de Fontei (A Rúa) o segundo co best treck e Dennis da R. Checa o terceiro.

Pero coma sempre era a BMX a modalidade que espertaba maior espectación. Un total de 11 riders pasaron polas instalacións do Barco (nas que todos reclaman melloras por parte do Concello), deixando o listón moi alto, dende o máis novo (Óscar) ata o maior (Samuel), ámbolos dous do Barco. Finalmente ao alto do podio subía Daniel Alonso de Vigo que levaba tamén o best treck, no segundo escalón quedaba Mario Sande da Coruña e no terceiro, o local Samuel Carrera.

Máis información e fotos no seguinte enlace:

https://osil.info/a-proba-de-scooter-abre-o-ii-legume-jam-no-barco-de-valdeorras/

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button