DeportesÚltima hora

O II Memorial José Puente de karate celebrarase o sábado 7 de marzo no Barco

Organizado polo CK River Stone, comezará ás catro e media da tarde no pavillón de Calabagueiros

Imaxe da I edición do memorial celebrada en novembro de 2018./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Hai  algo máis de dous anos que falecía José Luis Puente Murias, moito máis que un mestre e adestrador, todo un referente no mundo do karate, pero a súa memoria está máis que nunca.

Na tarde do sábado 7 de marzo, o pavillón barquense de Calabagueiros acollerá a II edición do memorial que o CK River Stone organiza na súa honra en colaboración co Concello do Barco. O campionato de karate comezará ás 16:30h. e contará con karatekas nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e júnior.

 

Artigos relacionados

Back to top button