CulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Barbudos Fest do Barco enche a Praza Lauro Olmo

O promotor deste evento musical fai balance positivo da terceira edición

Durante as festas de Santa Rita, O Barco de Valdeorras viviu unhas xornadas de esplendorosidade festiva, acadando un dos puntos álxidos na noite do sábado 21 de maio coa celebración do Barbudos Fest. A terceira edición deste festival de música rock ao vivo encheu a Praza Lauro Olmo cun vibrante espectáculo que se prolongou até as 2:30h.

Reino Animal, The Guilty Brigade e Deseqilibrio Mental fixeron as delicidas dos siareiros desta música, cumprindo coas expectativas do público. “Os grupos non se coñecían e a xente quedou contenta, así que o balance moi ben”, destacou o promotor do evento e xerente do Bar Barbudos, Saúl García Pernas.

En anteriores declaracións a esta Redacción, García subliñaba a importancia de manter este festival co obxectivo de dar un pulo a esta música que se afasta dos cánones máis puramente comerciais. Non obstante, agora avanza cambios e anuncia que reducirá as edicións de primavera e verán que viña facendo até o de agora para fusionalas e fixar un único Barbudos Fest, na procura dun espectáculo máis potente. “Buscaremos unha data que vaia máis cara o verán e fixarémolo unha vez ao ano”, explicou.

A programación do III Barbudos Fest tamén contou coa colaboración da banda Los Chicos Sin Nombre, que actuaron como teloneiros do festival.

Texto: Sara Fontenla
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button