CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O III Certame Celtibérico de Quiroga reúne a unha ducia de bandas de gaitas

No seu decurso rendíaselle unha homenaxe a Xavier Coia, mestre-gaiteiro de Velle

Rozando o mediodía do 31 de marzo comezaba no Auditorio de Quiroga o III Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que reunía a unha ducia de formacións. O programa comezaba coas agrupacións de segundo grao, entre as que figuraban as do Concello de Quiroga, Concello de Vilariño de Conso, Preparatorio, Municipal de Chantada, Ladies Band, Concello de Xinzo LImia-B e a Devandoira infantil.

De seguido, actuaban as Cantareiras da Escola Provincial de Banda de Gaitas da Deputación e entregábaselle a Medalla de Ouro da Real Banda de Gaitas ao mestre gaiteiro de Velle, Xavier Coia Álvarez.

Despois, continuaba o certame coas formacións de primeiro grao: Devandoira, Real Xuvenil, Concello de Xinzo de Limia e Concello de Monforte de Lemos. Este acto cultural pechábase coa entrega de diplomas e medallas. Este concurso está incluído nos actos da XXXVI Feira do Viño de Quiroga.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-xxxvi-feira-do-vino-de-quiroga-abre-as-suas-portas/

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as tres últimas que son cedidas por Julio Martínez.

Artigos relacionados

Back to top button