CulturaCulturaÚltima hora

O III Concurso de Pintura ao Aire Libre reúne a 11 participantes no entorno da Acrópole de Monterrei

O Primero Premio, dotado con mil euros, foi para o cadro pintado por Manuel Carballeira

 

O entorno da Acrópole de Monterrei acollía este sábado 19 de setembro, a III edición do Concurso Internacional de Pintura ao Aire libre no que participaban 11 dos vinte candidatos, chegados de diferentes puntos de Galicia e Asturias.

Tal como explican dende a organización, que está xa pensando na IV edición do certame, a xornada comezaba en torno ás 10 da mañá co proceso de selado e inscrición de lenzos dos participantes, que buscaron unha ubicación no entorno da fortaleza de Monterrei, despois de degustar produtos típicos da comarca como Torta de Cigarrón ou Bica de Laza. “Localizacións en segunda liña de muralla, no interior do patio de armas, dentro dos paradores de Verín e no castelo de Monterrei, en diferentes lugares da Acrópole de Monterrei”, puntualizan.

 

Un momento do concurso de pintura.

 

Trala parada para xantar, de novo con degustación de produtos típicos como empanadas e viños da D.O. Monterrei, os participantes entregaban as obras para a deliberación do xurado, composto polos artistas Fernando Barreira, Xosé Rivada e Rafael Castro.

E trala deliberación, o Primer Premio dotado con 1.000 euros foi para o cadro pintado por Manuel Carballeira; o Premio Honorífico, obra de Xosé Rivada, para o de Montse Valera; e a Compra de Obra de 500 euros, para o de Eduardo Pérez.

 

Fotos: Turismo Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button
Close