DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O III Legume Jam fai vibrar ao público no Skatepark do Barco

O torneo de skate e BMX reunía a numerosos afeccionados na tarde do 14 de setembro

 

Máis aló do atletismo, o fútbol ou o piragüismo (disciplinas estrela nas Festas do Cristo do Barco), os deportes extremos teñen en Valdeorras os seus seguidores que pasan horas no Skatepark do Barco practicando o mellor salto e/ou acrobacia.

Da man de dous deses afeccionados, Christian Pombo e Iván Tato, nacía hai tres anos o Legume Jam o Torneo de BMX, Skate e Scooter que dende entón ocupa o seu oco nas Festas do Cristo, aínda que fóra do programa municipal. De feito son os seus fundadores, aos que se lles unía Óscar Yáñez (aínda que é Christian quen máis horas lle adica) os únicos responsables do campionato que celebraba a III edición na tarde do sábado 14 de setembro, Día do Cristo. Unha cita que este ano contaba con menos participación que en edicións anteriores e unicamente coas modalidades de skate e BMX, pero a mesma ilusión e intensidade do primeiro ano.

 

Un salto de skate.

 

Mostra diso foron os numerosos afeccionados que se deron cita no skatepark para desfrutar do espectáculo. Uns instalados ao redor do recinto, como espectadores. Outros na pista, poñendo a proba as súas habilidades sobre o skate ou a bicicleta. Os lugares de orixe, do máis variado: dende Valdeorras ata A Coruña, Vigo, Ponferrada ou Málaga.

Co propio Christian Pombo como espiker, despois de formalizar as inscricións e tralas pobras de quecemento, pasadas as catro da tarde comezaba a competición de skate na que participaban 7 deportistas; e de seguido a de BMX (Bicycle Motocross) con 10 verdadeiros artistas.

 

Un dos participantes na modalidade de BMX.

 

 

Will Chic “El Pollo”, gañador en BMX, durante a súa intervención.

 

Na organización desta proba colaboraron varias empresas locais e os trofeos entregábanse pasadas as nove da noite, despois de tres horas de exhibición. Na modalidade de skate, o primeiro clasificado foi Borja “Pulga” da Rúa; o segundo, Jorge Pérez e o terceiro David Corcoba do Barco. E xa na modalidade de BMX, o primeiro foi Joseph Chic “El Pollo”, natural de Londres e residente en Málaga; o segundo, Will que viña dende Cangas (Pontevedra); e o terceiro, Mario Sande, de Carral (A Coruña).

Como xa sucedera na segunda edición, tamén houbo premios para o best trick, “o mellor truco que sempre garda o rider ou o skater”, explica Pombo. En skate o premio era para Jorge e en BMX para Will. Fóra de competición, o propio organizador, fixo vibrar ao público coas súas acrobacias e un excelente truco.

 

Unha das moitas acrobacias que se viron sobre a rampa do skatepark.

 

Fotos: Carlos G. Hervella salvo as tres últimas da galería.

Artigos relacionados

Back to top button