CulturaCulturaÚltima hora

O III Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade está dotado con 2.500 euros

A obra gañadora darase a coñecer no mes de xuño e será publicada por Baía Edicións

 

Na mañá deste luns 18 de xaneiro, presentouse no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.

Durante a presentación, na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; Belén López e a escritoria Fina Casalderrey, o representante autonómico explicou que ” Goberno galego apoia esta iniciativa co fin de promover entre as novas xeracións a igualdade de xénero e a lectura en galego, pero tamén para contribuír a que a lingua propia de Galicia siga acompañando sempre os valores máis democráticos e máis positivos da sociedade”.

 

O conselleiro de Política Lingüística, Valentín García.

 

Neste sentido, Valentín García fixo tamén referencia a Fina Casalderrey, autora que lle dá nome ao premio, e á súa traxectoria “sempre comprometida con estas tres cousas: a literatura infantil e xuvenil, a lingua galega e os valores de igualdade”.

Os autores que queiran participar neste certame terán ata o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para presentar orixinais escritos en galego de non máis de 5.000 caracteres que atendan ao concepto de literatura infantil, non sexista e coeducativa e que introduzan elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante. A resolución do xurado darase a coñecer o 1 de xuño de 2021 e a obra gañadora, que será publicada por Baía Edicións, recibirá 2.500 euros.

Artigos relacionados

Back to top button