OurenseÚltima hora

O III Salón do Deporte e Turismo Activo será o punto de entrega de dorsais para a XLIII carreira do San Martiño

Celebrarase en Expourense os días 15 e 16 de novembro e contará cun cento de participantes e máis de 60 actividades entre exhibicións, adestramentos, campionatos e obradoiros

 

Contribuír á “desestacionalización do turismo achegando visitantes de proximidade a Galicia a través do deporte”, é un dos obxectivos da terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebrará en Expourense os días 15 e 16 de novembro e que tamén servirá para “visibilizar o traballo realizado durante todo o ano por parte das federacións e clubes deportivos da comunidade”, así como de antesala da XLIII Carreira Popular de San Martiño cuxos corredores recollerán os seus dorsais no recinto feiral nos días previos a esta proba deportiva que xa acadou preto de 11.000 inscritos.

A terceira edición de Sportur Galicia era presentada na mañá do 12 de novembro na delegación territorial da Xunta, nun acto no que participaron a delegada territorial Marisol Díaz; o vicepresidente da Deputación de Ourense Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Ourense Mario Guede; e a directora adxunta de Expourense Emma González.

A principal novidade desta edición é que se celebrará de xeito paralelo e complementario o I Congreso Ibérico sobre Turismo Deportivo que comezará xa o día 14 de novembro e que reunirá a 300 asistentes de toda a Península. Este evento analizará a actualidade duns ector que xera en España ingresos de 13.800 millóns de euros ao ano; que está entre as tres principais motivacións dos turistas estranxeiros que visitan España e que é, sen dúbida, unha oportunidade para a diferenciación dos destinos e para o seu desenvolvemento económico. Outra das novidades desta edición será que estará colocada a pista de atletismo hidrúalica coa que conta o recinto feiral e que permitirá realizar probas deportivas como s englobadas no “Xogando Atletismo”.

 

Programa de Sportur Galicia 2019.

 

Sportur Galicia 2019 convoca a un cento de participantes, e a 4 países representados, entre os que destacan as federacións e clubes deportivos de Galicia e destinos de turismo activo e vencellados coa natureza que comparten espazo con empresas especializadas na organización integral de actividades deportivas entre outros. Entre os expositores procedentes de Portugal destaca a presenza dos parceiros de Turismo Porto e Norte que animou ás cámaras municipais a presentarse como destino activo de proximidade. Dentro desta rexión tamén haberá outros destinos que participan de xeito independente.

Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias) para que poidan coñecer os servizos, produtos e opcións vencelladas co turismo activo e o deporte que ofrecen os expositores. Tamén se converterá nun bo escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade, xa que do cento de participantes, 36 son clubs e asociacións de distintos deportes que aproveitarán a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos, campionatos e clases abertas para os visitantes.

 

Artigos relacionados

Back to top button