DeportesÚltima hora

O III torneo Val de Quiroga de fútbol sala feminino celebrarase o 14 e 15 de xullo

Hbaerá árbitros federados e premios para os catro primeiros equipos, a “crack” e a mellor porteira
O FSF Quiroga nunha edición anterior do torneo.

O Concello e o FSF Quiroga están ultimando a que será a terceira edición do torneo Val de Quiroga de fútbol sala feminino que se celebrará na fin de semana do 14 e 15 de xullo.

As inscricións para participar están abertas e teñen custe de 20 euros que dan dereito ao acceso ás piscinas municipais e á zona de acampada, a descontos en pubs e restaurantes e a obsequios. Os equipos interesados poden anotarse ou solicitar máis información chamando ao 651 85 72 05 ou enviando un correo a torneovaldequiroga@gmail.com. Tamén a través das redes sociais (Twitter, Facebook e Instagram).

Os partidos serán pitados por árbitros federados e haberá premios para os catro primeiros equipos clasificados, a “crack” e a mellor porteira.

 

Cartel.

Artigos relacionados

Back to top button