EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O ilustrador Miguelanxo Prado presentará o 2 de xullo o seu caderno adicado á D.O. Valdeorras

Este acto dará paso ás Xornadas de Valdeoras na Coruña, destinadas á hostalaría e ao público en xeral, cun showroom con máis de 50 marcas de 20 adegas
Miguelanxo Prado na súa visita á D.O. Valdeorras no 2014./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na vendima do 2014 o prestixioso ilustrador Miguelanxo Prado percorría Valdeorras co fin de documentarse e elaborar un caderno de viaxes sobre esta denominación de orixe. Un traballo que xa é unha realidade e que será presentado nunha rolda de prensa prevista para o vindeiro 2 de xullo na Coruña.

Con esta presentación abrirase o programa de actos das Xornadas de Valdeorras na Coruña, que organizará o consello regulador desta denominación o citado 2 de xullo. Están dirixidas ao sector da hostalaría e ao público en xeral e consistirán nun showroom no Hotel Finisterre, no que poderán catarse máis de 50 marcas de vinte adegas valdeorresas.

A entrada será por intivación previa e o horario do showroom irá de 11 a 14 horas. e 17 a 21 horas. Nel contarase tamén coa presenza dos vinte adegueiros.

Artigos relacionados

Back to top button