ConcellosÚltima hora

O Imposto Municipal de Circulación de Vehículos na Rúa, permanecerá en período voluntario ata o 31 de decembro

O Concello anuncia tamén que "non se procederá ao cobro das cuotas das escolas deportivas, escola de gaitas e conservatorio, ata que se reanude a actividade"

Concello da Rúa./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Os concellos continúan tomando medidas excepcionais ante a pandemia do Covid-19. Nesta mañá de sábado 4 de abril, o Concello da Rúa emitía un bando para informar á poboación de que o pago derivado dos recibos do Imposto Municipal de Circulación de Vehículos “permanecerá en período voluntario ata o 31 de decembro de 2020, debido aos posibles perxuicios que poida ocasionar a situación de emerxencia sanitaria”.

Así, os contribuíntes que se vexan afectados economicamente pola situación de estado de alarma, “poderán dispor dun maior período de tempo para facer fronte ao pago sen que isto xere recargo ou interés de demora”, aseguran dende o Concello, engadindo que, no caso dos recibos domiciliados,”aquel contribuínte que considere que, debido á súa situación económica, non pode facer fronte ao cargo do mesmo, pode devolvelo sen que xere ningún tipo de gasto e afrontar o pago no servizo de recadación ata o 31 de decembro de 2020″.

O bando inclúe un aviso no que se pon en coñecemento da poboación que “como é lóxico, non se procederá ao cobro das cuotas daqueles servizos municipais non prestados durante o período de alerta (escolas deportivas, escola de gaitas e conservatorio) ata que se reanude a actividade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button