EconomíaEconomíaSen categorizarViticultura

O impulsor da caste godello

Valdeorras homenaxea o 23 de maio a Horacio Fernández na Casa Grande de Viloira (O Barco)
Horacio Fernández, á dereita, nunha visita de importadores a Godeval.
Horacio Fernández, á dereita, nunha visita de importadores a Godeval.

Coincidindo co primeiro aniversario do seu falecemento, Valdeorras prepara unha homenaxe para lembrar á figura do considerado como “pai da godello”, Horacio Fernández Presa. Será un acto que se desenvolverá na Casa Grande de Viloira (O Barco) o vindeiro 23 de maio ás 20:30h.

Está sendo promovido por un grupo de entidades vencelladas co sector vitinivinícola (entre elas o Consello Regulador da D.O. Valdeorras e algunhas adegas) e cos ámbitos culturais, políticos e sociais de Valdeorras. Ademais preténdese que este encontro “sexa o punto de partida para crear unha asociación e, a través dela, organizar outras actividades relacionadas coa viticultura, entre as que se encontra a idea de crear un premio de viticultura que levará o nome de Horacio Fernández Presa. Estas actividades aínda están tomando forma”, explican dende a organización.

A homenaxe incluirá un cóctel no que estarán representados os caldos de varias adegas da D.O. Valdeorras. A entrada terá un prezo de 10 euros e pode adquirirse na Oficina Agraria Comarcal (Casa Grande de Viloira), nas dos sindicatos agrarios da comarca e na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras en Vilamartín.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Especial Santa Rita de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button