ConcellosEn portadaMonterreiÚltima hora

O incendio de Flariz (Monterrei), con 450 hectáreas queimadas, o maior no que vai verán

Controlado o incendio de Vilardemilo, que afecta a unhas 250 hectáreas, segundo Medio Rural

 

Segue ardendo o monte en Flariz (Monterrei). A Consellería do Medio Rural informaba arredor das nove desta mañá da desactivación da Situación 2, que se declarara a pasada noite como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo da Salgueira.

O incendio permanece activo desde que se orixinou ás 17:05 h. de onte e, segundo as últimas estimacións coa apertura do día, afecta unha superficie provisional dunhas 450 hectáreas, “parte delas parcelas agrícolas”, matiza Medio Rural.

Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 11 axentes, 21 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 9 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

Vilardemilo (Viana do Bolo)

Está controlado o incendio forestal do municipio ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Vilardemilo, que se orixinara o pasado xoves. De acordo coas últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 250 hectáreas.

Para o control deste incendio mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 17 axentes, 46 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 8 avións.

Queirugás (Verín)

Permanece como controlado desde as 14:43 h. de onte o incendio do concello ourensán de Verín, parroquia de Queirugás, que se iniciara o mércores. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 144 hectáreas. Neste lume levan traballado ata o momento 1 técnico, 16 axentes, 30 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 9 avións.

Imaxe: ATBRIF.

 

Artigos relacionados

Back to top button