ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

O incendio de Folgoso de Courel segue activo e afecta a máis de 100 hectáreas

 

Continúa activo, dende que se iniciara onte ás 4,50 h. da madrugada, o incendio forestal rexistrado no municipio lucense de Folgoso do Courel, na parroquia homónima.

Segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, o lume afecta unha superficie dunhas 105 hectáreas. Ata o de agora desprazáronse á zona para controlalo 1 técnico, 10 axentes, 30 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 7 avións e 2 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button