En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O incendio de Hospital (Quiroga) afecta a unhas 30 hectáreas

 

Ás 0:03 h. desta medianoite iniciábase un incendio forestal na parroquia de Hospital (Quiroga) que xa leva queimado unhas 30 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural.

O lume chegaba tamén á estrada que conecta Quiroga co Courel, despois de pasar a localidade da Ermida.

Para a extinción deste incendio mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa e, ademais de medios aéreos como 3 avións e tres helicópteros, entre outros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button