En portadaÚltima hora

O incendio de Petín destrúe as dúas casas afectadas

 

Completamente destrozadas. Así quedaron as dúas vivendas afectadas polo incendio urbano producido esta madrugada no barrio de Santiago de Petín.

O incendio comezaba en torno ás cinco da mañá nunha casa en reformas estendéndose a outra vivenda lindeira que si estaba habitada. Aínda que por sorte non houbo que lamentar danos persoais os danos materiais rexistrados foron importantes debido ás perdas que se produciron.

 

 

 

Debido á virulencia do incendio no que actuaron membros do GES de Valdeorras, axentes da Garda Civil, Protección Civil de Petín e os bombeiros do parque comarcal, os membros de Protección Civil tiveron que estar boa parte da tarde refrescando o lugar para evitar que se reavivaran as chamas.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button