ConcellosQuirogaRibas de SilÚltima hora

O incendio de Ribas de Sil, que afecta a 250 has, pasa ao concello de Quiroga

 

Perigosamente avanza o incendio forestal que se declaraba esta mañana na parroquia de Ribas de Sil. Segundo as últimas medicións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, este lume, que cruzaba o río e pasaba ao veciño concello de Quiroga, afecta xa a unhas 250 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural solicitaba esta tarde como medida preventiva a Situación 2 neste incendio. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Rairos. Tamén se pediu a intervención da Unidade Militar de Emerxencias.

Vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button