ConcellosÚltima horaVídeos

O incendio de Riodolas, que chegou a pobos do Barco, leva 2.400 hectáreas queimadas

Imaxe do incendio iniciado en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) tras estenderse e chegar ao Barco./ Foto: A.R.

 

Continúa activo o incendio que se iniciaba ás 22,09 h. do xoves en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e leva xa queimadas unhas 2.400 hectáreas, segundo os últimos datos actualizados pola Consellería do Medio Rural.

O lume reactivábase a primeira hora desta tarde por mor dun cambio de vento, e a Consellería do Medio Rural decretaba arredor das catro da tarde a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo de Candeda.

Pero o lume continuaba esténdose a gran velocidade alcanzando núcleos do veciño concello do Barco con son os de Alixo, Vilariño, Coedo ou Millarouso.

 

 

Vídeo cedido.

Agradecemos a cesión das imaxes.

Artigos relacionados

Back to top button