ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVilariño de Conso

O incendio de Sabuguido (Vilariño de Conso) chega ás 500 hectáreas

 

Segue activo o lume que se iniciaba ás 02:22 horas desta madrugada na parroquia de Sabuguido, no concello de Vilariño de Conso. Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural afecta unhas 500 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.

Para o seu control lévanse mobilizado 5 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 10 helicópteros e 9 avións.

Por outra banda, tamén se iniciaba esta tarde outro incendio forestal na zona situada entre o encoro das Portas (Vilariño) e A Gudiña.

 

 

Ademais esta tarde tamén quedaba extinguido o incendio que se iniciaba esta mañá ás 9:44h. en Chaguazoso (Vilariño de Conso), tras queimar 1,6 hectáreas. Na súa extinción traballaban 1 axente, 1 brigada, 1 motobomba e 2 avionetas.

Fotos da galería: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button