En portadaÚltima hora

O incendio de Vilardemilo (Viana) suma xa 190 hectáreas queimadas

É o lume máis grande dos rexistrados no que vai de verán na comunidade galega

Foto: Brif Laza.

 

Desde as 20:28 h. de onte, xoves 23 de abril, está activo o incendio forestal de Vilardemilo, no municipio ourensán de Viana do Bolo. Segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, o lume afecta unha superficie de arredor de 190 hectáreas, o que o converte no máis grande no que vai de verán en Galicia. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada.

“Ao iniciarse este lume localizáronse ata cinco focos diferentes, polo que todo indica que foi intencionado. Ademais, cómpre lembrar tamén que se rexistrou a unhas horas nas que os medios aéreos apenas puideron traballar, pola proximidade do ocaso”, tal e como informa Medio Rural. Para o control deste lume mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 9 axentes, 31 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 8 avións.

Corte da estrada OU-1018

Arredor das 14h. deste venres 24 de xullo, a Consellería do Medio Rural informaba dun novo lume, desta volta na parroquia de Infesta, no concello de Monterrei.

Ademais a consellería indicaba que a Garda Civil cortaba ao tráfico a estrada OU-1018 ao seu paso por esa parroquia “a causa do fume provocado por un incendio forestal activo nesa zona”. A circulación quedaba restablecida arredor das catro da tarde, segundo Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button