ConcellosÚltima hora

O incendio do Parque Natural do Invernadeiro leva queimadas 32 hectáreas

Este lume quedaba estabilizado ás 20:45h. desta tarde de 15 de setembro
Imaxe do incendio./ Foto: Brif de Laza.

O lume forestal que se iniciaba na tarde de onte, 14 de setembro, na parroquia de San Mamede de Edrada (Vilariño de Conso) quedaba estabilizado ás 20:45h. de hoxe, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 32 hectáreas no Parque Natural do Invernadeiro. Para extinguir este lume mobilizáronse 2 técnicos, 18 axentes, 47 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 15 helicópteros e 8 avións.

Artigos relacionados

Back to top button