ConcellosÚltima hora

O incendio forestal de Barxa (A Gudiña) aproxímase ao núcleo do Seixo

Medio Rural vén de declarar a "Situación 2" neste lume como medida preventiva

 

A Consellería do Medio Rural vén de declarar nesta noite como medida preventiva a “Situación 2” no incendio forestal activo arestora na parroquia de Barxa, pertencente ao municipio ourensán da Gudiña. “Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao núcleo do Seixo”, tal e como indica Medio Rural.

Este incendio, que comezou en Portugal, entraba en Galicia ás 19:07 h. e arestora permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, afecta máis de 20 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 6 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 3 pas, 4 helicópteros e 2 avións, segundo Medio Rural.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close