Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

O incendio forestal de Requeixo (Chandrexa) leva queimadas 50 hectáreas

Incendio forestal en Requeixo (Chandrexa de Queixa)./ Cedida.

 

Ademais dos incendios rexistrados no municipio de Ribas de Sil, tamén permanece activo o lume forestal que se iniciaba ás 11:38 h. desta mañá na parroquia de Requeixo, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa.

Este incendio afecta, segundo as últimas estimacións, unha superficie dunhas 50 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 8 axentes, 23 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 2 avións, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button