CulturaCulturaÚltima hora

O Incio acolle a partir do 18 de xuño “As cores do ferro”, unha exposición de arte mineral de María Quiroga

Poderase visitar ata o 28 de xuño no antigo mercado gandeiro en horario de 09:00 a 14horas

 

O concello do Incio (Lugo) colabora coa artista María Quiroga que o día 18 de xuño inaugurará no antigo mercado gandeiro da Cruz do Incio a súa mostra ‘As cores do ferro’, una exposición de arte mineral composta por máis de 15 cadros.

A exposición, que abre o día 18 ás 18 horas, poderá visitarse ata o día 28 de xuño en horario de 09:00 a 14:00 horas solicitando as chaves na Casa do Concello. O día da feira, o 22 de xuño, permanecerá aberta ata as 18:00 horas. A exposición ‘As cores do ferro’ é una mostra de máis de 15 cadros elaborados coa técnica da arte mineral que a autora aprendeu do Mestre A. Bello López.

Moi vinculada ao Incio, María Quiroga explica que “todos os cadros están feitos con pedras, rochas e coios recollidos a maioría nos montes da contorna, especialmente na Ruta do Ferro”.

 

 

 

A autora da mostra, María Quiroga, quere destacar como con pedras tinguidas polo óxido de ferro, que foi a primeira pintura de cor e é tan abundante na Terra brava, se pode facer unha colección de traballos suficientemente variados, aínda que estean feitos con ocres, brancos e negros, o que ofrece como resultado unha mostra amena e interesante.

Artigos relacionados

Back to top button