CulturaCulturaÚltima hora

O “inevitable” contado por Cristina Verbena, o 7 de xullo no Barco

Publicidade
Cristina Verbena, nunha actuación./ Cedida.

 

Persoas que se saen do previsible e voces que achegan o inevitable poboan as historias do espectáculo de narración oral que Cristina Verbena presentará no Barco o vindeiro 7 de xullo. Será ás 20:30h. no Xardín da Casa Grande no marco do ciclo “De Perto”. O seu título “Inevitable”.

Esta contadora aragonesa bota man de material tradicional como contos ou cancións, pero tamén de literarios adaptados á oralidade e poesía. Será a súa primeira participación neste ciclo dedicado á oralidade que promove dende hai nove anos a Concellería de Cultura do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button