CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O inglés Matt McGinn visita ao CD Barco para a súa investigación predoutoral sobre o fútbol galego

Entrevistouse co presidente do club, Nilo Ramos, e tamén con Rubén Jares, membro da peña Ultra Sil

Matt McGinn na terraza do bar Makoki, no Barco./ Foto cedida.

 

Malia as limitacións económicas, se o comparamos con equipos de vilas máis grandes e mesmo cidades que compiten ao mesmo nivel, o CD Barco que en setembro comezará a súa sexta tampada en terceira división tralo ascenso na campaña 14/15, logrou facerse un oco entre os equipos destacados do panorama futbolístico galego. Ata o punto de chamar a atención dun xove inglés que está facendo a súa tese sobre o fútbol galego.

Matt MacGinn é investigador predoutoral na Universidade de Nottingham (Reino Unido) e leva dous anos traballando en Vigo sobre a identidade galega e o fútbol (co Deportivo e o Celta como equipos de referencia), para dar forma á súa investigación titulada “Turcos e Portugueses: Unha historia oral de identidade ‘nacional’ e fútbol en Galicia”. Un traballo que o trouxo ata O Barco de Valdeorras.

Aquí, na xornada de onte, martes 10 de agosto, reuníase co presidente do club barquense Nilo Ramos e hoxe, mércores, con Rubén Jares, un dos membros da peña Ultra Sil, para documentarse.

 

Artigos relacionados

Back to top button