DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

O inicio da tempada de fútbol en Preferente Galicia retrásase ata o 31 de xaneiro

Verín CF e UD Barbadás son dous dos equipos ourensáns que compiten este ano na nesta categoría

Xogada do Verín CF nun dos últimos partidos da pasada tempada. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Malia que a intención inicial era comezar o 24 de xaneiro, atendendo á petición de varios equipos que por diferentes circunstancias comezaron a adestrar máis tarde do previsto, finalmente o arrinque do campionato en Preferentes Galicia atrásese ata o 31 de xaneiro. Así o comunicaba a Real Federación Galega de Fútbol trala xuntanza telemática cos 40 clubs rexistrados para xogar esta tempada na categoría, na que se abordaron asuntos como o inicio da competición ou o formato da mesma.

O vindeiro mércores día 20 de xaneiro a partir das 17:30 horas terá lugar o sorteo do calendario que será retransmitido en directo por streaming.

Entre os equipos ourensáns que participarán este ano na Preferente (grupo sur) están o Verín CF (recén ascendido) e a UD Barbadás que xa leva un par de anos na categoría.

 

Artigos relacionados

Back to top button