DeportesÚltima hora

O inicio das escolas deportivas do Barco, no aire polo Covid

O Concello prefire actuar con prudencia ante a situación sanitaria e a súa evolución e plantexa agardar ata decembro para decidir se empezan as de adultos

O concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, nunha das súas intervencións no pleno ordinario de setembro.

 

Non hai data para o inicio das escolas deportivas do Barco. Así o sinalaba o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, na sesión plenaria que se celebraba na tarde do 3 de setembro. “Estamos sendo moi prudentes coas instalacións deportivas xa dende un principio. Nós estamos preparando os pregos, pero no caso das escolas de adultos, polo momento é complicado cumprir cos protocolos de actividades deportivas, polo que imos esperar ata decembro a ver qué pasa”, indicaba o edil respondendo a unha pregunta formulada por Riada Cidadá.

Alonso indicaba tamén que na tarde do 2 de setembro o Concello celebraba unha xuntanza cos clubs precisamente para abordar este tema e ver qué decisións ían tomar eles no relativo ás súas escolas.

“Hai clubs que nestes momentos xa están facendo actividade, como é o caso do kárate e do piragüismo; no atletismo a idea é empezar en setembro e traballar ao aire libre, no fútbol están dubidando se comezar ou non, e logo hai outros deportes como voleibol e baloncesto, que xogan en interior e que están á espera de protocolos das súas respectivas federacións, xa que por agora as únicas directrices que hai son a nivel nacional, o que no caso do Barco só lle afecta a dous clubs: o CD Barco de fútbol e ao Pizarras Los Tres Cuñados de fútbol sala. E, a medida que os clubs vaian iniciando a súa actividade e nós presenten a súa proposta, nós irémola lanzando”, engadía o concelleiro de Deportes.

“Imos ver como evoluciona a situación e función diso decidiremos que imos facer”, engadía o alcalde do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button