CulturaEducaciónÚltima hora

O inicio do curso universitario estará marcado polo uso obrigatorio de mascarillas

Os centros deberán mellorar a súa ventilación, segundo o protocolo ante casos positivos de Covid-19

Unha mascarilla cirúrxica. / Foto: Alba Prada.

 

O inicio do curso universitario 2020-2021 estará marcado polo uso obrigatorio de mascarilla nas clases e nos espazos comúns. Así, o protocolo ante casos activos de Covid-19 dos ministerios de Universidades e Sanidade, obriga a mellorar a ventilación en todos os espazos de cada centro. Así, recomendan ventilar durante 10 ou 15 minutos ao inicio e final da xornada e nas aulas despois de cada clase.

Será cada universidade que conforme o sistema universitario español, no uso da súa competencia, a que conte cun protocolo de actuación ante a detección dun caso sospeitoso de Covid-19. Deberá ter unha persoa responsable global da xestión das actuacións derivadas do coronavirus, e que, á súa vez, cada Facultade, Escola, Instituto de Investigación ou Centro Adscrito dispoña dunha persoa de referencia responsable no seu ámbito para a xestión da crise.

 

 

A nivel de centros e de grandes equipamentos académicos ou espazos de xestión, as universidades deberán definir un espazo para o illamento da persoa detectada como caso sospeitoso. Se algún estudante desenvolve síntomas compatibles con Covid, solicitaráselle que se traslade ata ese espazo de illamento (que deberá estar ben ventilado e contar como mínimo dunha papeleira de pedal con bolsa, onde tirar a máscara e os panos dun só uso) e colocarase unha mascarilla cirúrxica (que debe facilitar o centro universitario). A persoa que a acompañe tamén debe colocarse unha máscara cirúrxica.

Se o caso se confirma, farase un rastrexo de contactos dende 48 horas antes dos síntomas. Faráselles unha PCR, e independientemente do resultado desta, terán que facer corentena. O estudante que pasa a unha situación de illamento terá o dereito de recibir a docencia correspondente de forma non presencial, sempre atendendo ás especificidades de cada materia. O centro encargarase de velar porque o ou a estudante afectado que deba realizar o illamento e os contactos estreitos, que fagan a corentena, reciban a docencia das diferentes materias nas que estea matriculado.

Artigos relacionados

Back to top button