OurenseÚltima hora

O Inorde abre o prazo para inscribirse no “Trail do Xurés”

Dende este xoves 29 de xullo ás 18 horas, os interesados en participar poderán anotarse na segunda edición desta proba, para gozar da riqueza natural e paisaxística de Muíños

 

O Inorde organiza, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a segunda edición do “Trail do Xurés” que desde hoxe, xoves 29 de xullo a partir das 18 horas, abre o prazo de inscrición para que todos os interesados en participar neste evento poidan gozar da riqueza natural e paisaxística que ofrece o municipio de Muíños.

A proba, que se celebrará o vindeiro 25 de setembro, terá a saída ás 16:30 horas desde o Complexo de O Corgo de Muíños, e o percorrido será de 15 quilómetros cun desnivel aproximado de 600 metros que levará aos participantes a diferentes puntos de interese e de gran beleza do municipio.

Os interesados en participar poderán inscribirse a través da páxina web www.traildoxures.com ata cubrir as 300 prazas ofertadas.

O “Trail do Xurés” é outra das probas que forma parte do convenio de colaboración asinado entre o Inorde e a Axencia de Turismo de Galicia para realizar ao longo do ano diferentes eventos que contribúan a promocionar o potencial turístico da nosa provincia a través do deporte e supoñan un pulo para os sectores económicos de proximidade. Este tipo de probas avalan, unha vez máis, a gran capacidade que ten a nosa provincia para ser un importante destino de turismo deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button