ConcellosÚltima hora

O instituto trivés rexistra 2 positivos, mentres descenden os casos nos centros barquenses

 

Lixeiros cambios nas cifras de positivos de coronavirus en centros educativos da parte oriental da provincia de Ourense, segundo os datos comunicados neste 29 de outubro pola Xunta. Así, o IES Xermán Ancochea de Trives rexistra un novo caso e suma un total de 2 positivos.

Por outra banda, o CEIP Ramón Otero Pedrayo quédase con 1 positivo (1 menos que onte), mentres se repiten os mesmos datos no resto de centros barquenses: a Escola Infantil Los Juglares mantén 3 positivos, o CEIP Julio Gurriarán 1, o IES Lauro Olmo 1 e o IES Martaguisela 2.

Tamén continúa cun positivo o CEIP do Bolo e con outro o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín. Isto supón un total de 10 positivos en Valdeorras.

Ademais o IES Carlos Casares de Viana do Bolo desaparece do listado.

Por outra banda, no veciño concello de Quiroga, xa na provincia de Lugo, o seu instituto continúa cun positivo.

Artigos relacionados

Back to top button