CulturaCulturaÚltima hora

O investigador Carlos Ares lembra neste 8M a 6 vianesas de diferentes épocas

Unha das seis fichas sobre a vida e obra de mulleres vianesas de referencia publicadas por Carlos Ares./ Imaxe cedida.

 

Lembranza especial ás mulleres vianesas de diversos momentos históricos neste 8 de marzo por parte do investigador Carlos X. Ares Pérez. Nas súas redes sociais este estudoso vianés homenaxea a vida e a obra de “seis vianesas de distintas épocas (en representación do resto)”.

Algunhas delas xa aparecen recollidas xa no seu libro “Ilustres”, mentres que noutros casos trátase de figuras “sobre as que tamén levo investigado ou sigo a súa obra con moito interese. Elas e o resto das mulleres, que estiveron e que están, son exemplos de loita, integración, humanidade e valores que merecen vivir nunha sociedade igualitaria”, asegura Ares Pérez.

 

O investigador vianés Carlos Xabier Ares./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Esas seis ilustres vianesas son das que publica unha ficha da súa obra e traxectoria son:

1. Milagros Courel Fernández: “unha das pioneiras galegas en acadar os estudos de Bachiller”.
2. Adelaida García Flores: “a Condesa de Bugallal que foi a gran benefactora vianesa”.
3. María del Rosario Castells Vila: “escritora e Doutora en Filosofía e Letras, con diferentes premios e mencións”.
4. Lucía da Conceiçao Fernández: a “Cega de Covelo” que “ve a través da música da súa mandolina”.
5. Nieves Fernández Vidueira: “pastora, escultora, poeta e gran preservadora do noso patrimonio”.
6. Manoli Vicente Fernández: nutricionista, escritora e gran defensora do papel relevante da muller na literatura.

Máis información:
https://www.facebook.com/carlos.ares.79

Artigos relacionados

Back to top button