SanidadeÚltima hora

O Irixo e Monterrei, entre os concellos con nivel alto de restricións a partir do venres

Así o vén de acordar o comité clínico na reunión celebrada esta tarde. Ademais Beade, Cortegada, Padrenda e O Carballiño quedarán no nivel medio

Exterior do concello de Monterrei.

 

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar o nivel máximo de restricións para os concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en seis concellos galegos: A Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00 horas do vindeiro venres, 9 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button