DeportesÚltima hora

O IV Memorial Anxo de Sousa Pérez da Rúa adiántase ao 2 de marzo

A saída será ás 16h. dende a praza de Fontei para as tres modalidades: a pé, en bicicleta e en moto
Participantes na anterior edición da marcha solidaria./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tralo éxito das anteriores (o ano pasado participaron máis de 500 persoas), a Marcha Solidaria “Memorial Anxo de Sousa Pérez”, adianta a IV edición para o 2 de marzo. Coma sempre a saída será ás 16h. dende a praza de Fontei e a meta no Mirador Barrando Rubio, cun percorrido total duns 5 quilómetros que os participantes poderán facer andando, en bicicleta ou en moto.

As inscricións están abertas en librería Lipor (A Rúa), Tri-Sport (A Rúa e O Barco), Gastrobar La Querida (O Barco), e online (Instagram e Facebook). Custan 10 euros e a recadación será doada integramente á Fundación Andrea, entidade sen ánimo de lucro que ten como finalidade a atención e o apoio tanto económico, moral como informativo ás familias que, contando con escasos recursos económicos, teñan que coidar aos seus fillos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, que este ano está inmersa na creación dun parque infantil na terraza exterior da planta de Pediatría do CHUS. O neno rues que dá nome ao memorial, (falecido tras unha logaa enfermidade) é un dos que recibiu apoio da Fundación, por iso a súa familia organiza esta proba non competitiva e solidaria.

 

Artigos relacionados

Back to top button