CulturaCulturaÚltima hora

O IV Premio Pedra Alta distingue á Asociación Limisi

Este galardón, que concede o Padroado do Museo da Limia, entregarase o vindeiro 20 de novembro

Cedida.

 

A Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia (Vilar de Santos), a proposta do seu Consello Asesor, na xunzanza celebrada o pasado sábado día 6 de novembro, acordaba concederlle o Premio Pedra Alta 2021, na súa cuarta edición á asociación Limisi. Este premio recoñece a persoas ou entidades, cuxa obra ou labor é capaz de proxectar unha pegada merecente de consideración nas Terras do Limia, ou fóra delas, se a súa a nacenza acontece neste territorio.

Limisi é unhaa entidade sen ánimo de lucro que opera na comarca da Limia para a promoción de persoas con Diversidade Funcional (DF). “O fin prioritario é, por tanto, mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, potenciando o pleno desenvolvemento das súas capacidades individuais, actuando directamente no ámbito das súas competencias. É a busca e consecución da plena integración, velando pola salvagarda dos seus dereitos en todos os aspectos da vida: educativos, formativos, psicolóxicos, legais, laborais, recreativos, deportivos, etc, mediante o apoio a estas persoas e as súas familias e a sensibilización da sociedade”, tal e como explican dende o Padroado do Museo da Limia.

Limisi está integrada por persoas con diversidade funcional, e os seus familiares e/ou titores como socios (64 socios numerarios) e conta amais con socios colaboradores (350 socios), persoas sensibilizadas cos seus obxectivos que contribúen eficazmente ao desenvolvemento das capacidades e normalización das persoas con diversidade funcional. Tamén dispón dn equipo de voluntariado formado que presta a súa importante colaboración: 11 voluntarios europeos, unha durante 12 meses, e 10 puntuais, derivados de diferentes programas de voluntariado. Empresas e entidades que apoian, colaboran e impulsan o noso traballo.

Dende o seu nacemento, vén impulsando unha dupla acción: un Centro Ocupacional para persoas con Discapacidade Intelectual (DEI) de ámbito comarcal e un Gabinete Educativo-Rehabilitador para persoas con necesidades especiais e/ou DF.

A entrega do Premio Pedra Alta, unha réplica en granito da Pedra Alta (aportación altruísta do noso escultor Xosé Lois Carreira) acompañada dun diploma acreditativo, diseñado por Manolo Seoane e Lola Peláez, terá lugar nun acto público solemne que se celebrará no Museo da Limia e no salón multiusos do concello de Vilar de Santos, o vindeiro sábado día 20 de novembro.

Como vén sendo habitual o acompañamento musical correrá a cargo do pianista Luis Humberto Cao e do tenor Baldomero Pavón. A xornada festiva concluirá cun xantar (un cocido limiao) no restaurante Novaíño, patrocinador do evento dende a primeira edición, custeado polos asistentes que decidan acompañarnos

 

Artigos relacionados

Back to top button