CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O IV Xostra abrirá as festas patronais de Viana do Bolo

O programa estenderase ata o 17 de agosto e inclúe o concerto La edad de oro del pop español

Mitic, A Banda da Loba e Livia do Marrao son as bandas que participan no IV Xostra, o festival que abrirá o vindeiro sábado 11 de agosto, as festas patronais en Vian do Bolo. Uns festexos para os cales o Concello elaborou un programa con actividades para todos os gustos e idades, especialmente centrados no apartado musical

O domingo 12 de agosto a praza Maior vianesa acollerá as XXXV Xornadas de Folclore que nesta ocasión contará coa actuación dos grupos de Arxentina, Sudáfrica e Bielorrusia.

O martes 14, será un día especialmente adicado a esa década que ten un especial significado dende o punto de vista musical e cultural con actividades variadas (mercadiño…) e a actuación estelar de La edad de oro del Pop español. Banda que repasa o mellor do Pop español 80 e 90 da man de Alberto Comesaña, Pablo Perea, Chus Herranz e Joaquin Padilla.

Así chegamos aos dias grandes das festas. O 15 de agosto haberá pasarrúas a cargo da Escola de Música do concello de Viana do Bolo; sesión vermú a cargo da Banda da Asociación Coral Polifónica Candea; e tarde-noite coa actuación da orquestra New York. O xoves 16, día do patrón, haberá pasarrúas e sesión vermú a cargo da Banda da Agrupación musical da Limia; e tarde-noite coa actuación da Fania Blanco Show. E xa o venres 17, unha gran gala de Circo na rúa a cargo de La Coquette, Inmobile e Brinca Vai, porá o broche.

Máis información no Especial Festas de Agosto do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button