ConcellosCulturaCulturaParada de SilÚltima hora

O IX Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil bate récords

Nesta edición alcanzáronse os 1.986 concursantes, "cumpríndose un dos obxectivos da organización do concurso", destacan os promotores

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez./ Cedida.

 

Rematado o prazo para a presentación de traballos ao Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil, o alcalde deste municipio, Aquilino Domínguez, amosa a súa grande satisfacción pola elevada participación nesta edición na que se alcanzaron os 1.986 concursantes, “cumpríndose un dos obxectivos da organización do concurso que é a de dar coñecer a Ribeira Sacra e Parada de Sil en distintos lugares do mundo e por suposto en toda España”, destaca.

Así, por primeira vez nesta edición hai participantes de todas as provincias españolas incluíndo as illas, destacando neste ámbito Madrid con 194 participantes e Barcelona con 83. “O máis sorprendente é que tamén por primeira vez hai participantes de todos os países do continente americano polo que podemos dicir que Parada de Sil chegou dende Canadá a Chile incluído Belice. A participación máis numerosa é a arxentina con cerca de 200 traballos presentados, seguido de Colombia e México”, resaltan dende o Concello de Parada de Sil.

Tamén destaca a participación de relatos de Angola, Xordania, Rusia ou Australia, esta última cun participante. Como conclusións, o alcalde apunta que o concurso “está consolidado e que A Ribeira Sacra dende Parada de Sil xa é Patrimonio Mundial da Humanidade de facto”.

Por último, e debido a alta participación, o fallo aprazase ata o vindeiro día 31 de maio data na que se anunciará a entrega dos premios e o alcalde agradece ó xurado composto polos profesores Antonio Carreño, Arturo Fernández e Delfín Caseiro. Parada de Sil e a Ribeira Sacra agradécenlle o seu traballo.

Artigos relacionados

Back to top button