O IX Concurso de Receitas “Cociña con Castaña de Galicia” xa ten ganadores

Na categoría de doce vencía María Jesús Díaz, na de salgado Adrián Maneiro e no apartado de estudantes de hostalaría Marcos Sánchez

Chegar á final non resultaba nada doado e as cousas estiveron moi axustadas, pero finalmente na tarde do 22 de xullo na Aula de Cocina Porto-Muíños decidíanse os ganadores do IX Concurso “Cociña con Castaña de Galicia”, promovido polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia.

Había un total de seis finalistas, dous por categoría. Así na categoría doce competían polo premio María Jesús Díaz cunha “Mousse de castaña de Galicia con abelás e turrón” fronte a Consu Rico cunha “Tarta de castaña de Galicia con té matcha”, sendo a ganadora a primeira delas.

 

 

No apartado de salgado medíanse Adrián Maneiro co prato “Castaña de Galicia guisada con sepia e curry vermello” e Javier Míguez con “Rulo de castaña de Galicia e vaca”, resultando tamén ganador o primeiro.

E xa dentro do bloque de estudantes de hostalería, competían Marcos Sánchez cunha “Crema de castaña de Galicia con sabor a mar” e María Isabel Rodrigo con “Ándeme eu Quente”. O vencedor da proba era Marcos Sánchez.

O xurado desta edición está integrado por José Antonio Porto, xefe de área de Formación, Innovación e Investigación Agraria; José María Lago, vicepresidente da IXP Castaña de Galicia; Tere Rico, ganadora da anterior edición do concurso e titular do blog “Momento dulce”; Ángel Facorro, vicedirector do CIFP Paseo das Pontes; e Chechu Rei, cociñeiro e asesor de gastronomía.

No marco deste concurso tamén tiña lugar unha mostra con diversos produtos de IXP e denominacións de orixe galegas.

Fotos: IXP Castaña de Galicia.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies