DeportesÚltima hora

O KC River Stone do Barco abre a tempada con tres medallas de ouro

Lucía Herrero, Paula Ramos e Luis Martínez subían ao alto do podio no campionato galego de karate cadete, júnior e sub-21

Da mellor forma posible comezaban os karatekas valdeorreses a tempada. Despois de conseguir unha beca para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva con sede en Pontevedra, a barquense Lucía Herrero Valcarce conseguía subir ao alto do podio na modalidade de kumite júnior -53 kg. na primeira cita da campaña.

O campionato galego de karate para as categorías cadete, júnior e sub-21 disputábase na xornada do domingo 14 de outubro, no pavillón da Malata en Ferrol, nas modalidades de kumite e kata e alí, o Club River Stone que dirixe Nicolás Rodríguez demostrou que está máis en forma que nunca. Xunto a Lucía, Paula Ramos Osorio vencía na modalidad de kata sub-21 e Luis Martínez González lograba asemade o ouro en kata júnior.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button