DeportesKárateÚltima hora

O KC River Stone (O Barco) faise con 9 trofeos na X Copa Akai Ryu celebrada en Negreira (A Coruña)

 

Tras un pequeno descanso o KC River Stone do Barco volvía á competición, facéndose con 9 trofeos (un ouro, cinco pratas e tres bronces) na X Copa Akai Ryu ‘Memorial Mireia Asenjo’. Unha competición de karate organizada polo Club Akai Ryu que se celebraba na xornada deste sábado 14 de maio en Negreira (A Coruña).

O mellor posicionado do club barquense era Manuel Blanco Blanco que lograba o ouro en kata benxamín masculino, mentres que as cinco pratas valdeorresas eran para: Eric Rodríguez Carballo en benxamín masculino; Leyre Paradelo Ambrinos en benxamín feminino; Raúl Pérez Panizo en alevín masculino; Nazan Barreda Fernández en infantil masculino; e Cloe Yáñez González en infantil feminino. Os bronces eran para Diego López Puey en alevín masculino; Aina Moral Castro en infantil feminino; e Enzo Prieto Fernández en cadete masculino.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button