ConcellosÚltima hora

O labor social de Iberdrola chega a Asfaval

A Fundación Iberdrola donou 2.500 euros á entidade que preside Amelia Blanco
Os representantes de Iberdrola con membros da directiva de Asfaval.
Os representantes de Iberdrola con membros da directiva de Asfaval.

En decembro de 2015, Asfaval, entidade sen ánimo de lucro fundada en 1995 co obxectivo de dar resposta ás necesidades das personas con discapacidade intelectual e das súas familias, recibía por parte da Fundación Iberdrola, unha aportación de 2.500 euros.

Dous meses despois, na mañá do 18 de febreiro, dous representantes da empresa hidroeléctrica achegábanse ata O Barco de Valdeorras para coñecer de primeira man as instalacións así como o traballo que dende a Asociación de familiares de persoas con discapacidade intelectual de Valdeorras se leva a cabo. Acompañados pola presidenta Amelia Blanco e parte da directiva, Miguel Ángel López (director da conca do Sil de Iberdrola) e Francisco Silva (delegado en Galicia da empresa) percorreron os diferentes espazos do edificio ubicado na Urbanización Las Huertas, saúdando asemade aos usuarios.

A presidenta de Asfaval, Amelia Blanco, amosando os traballos realizados polos usuarios.
A presidenta de Asfaval, Amelia Blanco, amosando os traballos realizados polos usuarios.

Trala visita, a presidenta de Asfaval deu as grazas publicamente a Iberdrola pola donación, que supuxo unha axuda para mercar unha furgoneta nova. “Esperamos que entre abril e maio poidamos tela aquí porque nos fai moita falta”, dixo Amelia, explicando que as que están usando agora xa teñen nove anos “démoslle moito uso e unha delas estanos dando moito traballo, ademais aos dez anos xa está prohibido levar aos rapaces nelas por seguridae”.

Precisamente evitar os longos traxectos que tiñan que percorrer algúns dos usuarios dende zonas como Vilariño de Conso, A Veiga ou A Pobra de Trives, foi o motivo que levou aos membros de Asfaval a levantar o edificio de grandes dimensións que acolle a residencia, aberta dende hai dous anos con seis usuarios. “Estámola mantendo cuns mínimos e o esforzo das familias pero a Consellería deixounos a porta aberta para conseguir 4 ou 5 prazas ao longo do ano”, explicou Amelia. Ademais do servizo de residencia (cun monitor nocturno), Asfaval ten aberto o Centro de Día con cinco usuarios “e dúas prazas máis que imos solicitar á Consellería”, adianta a presidenta, e tamén o centro ocupacional ao 100% de ocupación (15 usuarios).

Visitando unha das habitacións da residencia.
Visitando unha das habitacións da residencia.
Outro momento da visita.
outro momento da visita.

O director da conca do Sil, Miguel Ángel López García, asegurou estar “gratamente sorprendido” polas instalacións coas que conta a entidade esperando que a colaboración “poda repetirse nos vindeiros anos”.

Francisco Silva, pola súa banda, asistía en representación da Fundación Iberdrola que ten entre as súas prioridades a acción social, “apoiando iniciativas como as que leva a cabo Asfaval”. A ese respecto, Silva asegurou que están levando a cabo moitas actuacións en España “no 2015 adicouse máis dun millón de euros a actuacións sociais que beneficiaron a máis de 60.000 persoas, con máis de 250 uniciativas”, dixo no Barco, engadindo que “o apoio social é unhas das prioridades da Fundación Iberdrola, pero tamén temos unha liña de apoio a activiades culturais e á arte e outra de protección da natureza e loita contra o cambio climático”.

Miguel Ángel López García, director da conca do Sil de Iberdrola.
Miguel Ángel López García, director da conca do Sil de Iberdrola.
A presidenta de Asfaval cos respresentantes de Iberdola no comedor do centro.
A presidenta de Asfaval cos respresentantes de Iberdola no comedor do centro.

Dende Asfaval aproveitaron a ocasión para anunciar a organización de dous cursos con certificado de profesionalidade homologados pola Consellería de Traballo e Benestar, un de “Atención a persoas dependentes en institucións sociais” e outro de Atención sociosanitaria no domicilio”. Poden facerse online (con titorias presenciais para o exame) ou presenciais.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button