CulturaCulturaEducaciónOurenseSen categorizar

O laboratorio da Comisaría de Aguas de Ourense terá estudantes en prácticas

O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel de Ourense seleccionará aos becarios de entre os que finalizaran o ciclo de grao superior de Saúde Ambiental
Autoridades presentes na sinatura do convenio entre a CHMS e a consellería.
Autoridades presentes na sinatura do convenio entre a CHMS e a consellería.

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín Muñoz, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinaban o 17 de xuño un convenio de colaboración que permitirá que dous titulados de Formación Profesional realizarán prácticas nas instalación desta entidade na Comisaría de Augas de Ourense.

O CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel escollerá aos bolseiros de entre os que finalizaran no curso 12/13 o ciclo de grao superior de Saúde Ambiental. O período de prácticas durará un ano, e será remunerado a través dun sistema de bolsas, polo que os beneficiarios non suplirán en ningún caso a ningún traballador no Laboratorio de Análise e Calidade das Augas da devandita Comisaría.

A CHMS aportará 20.000 euros á consellería para a convocatoria destas 2 bolsas de formación, que serán xestionadas a través do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel. Nesa liña, o conselleiro agradeceu a colaboración da confederación e o seu interese en participar na formación de expertos en materia ambiental.

“A idea dunha formación de calidade é a clave na consecución de profesionais cualificados que poidan desenvolver o seu labor con rigor e profesionalidade, por iso, desdeo organismo que presido, noa últimos anos recibimos alumnos en prácticas para períodos de 3 meses, ampliando agora este periodo a 1 ano, co ánimo de continuar e mellorar nesta liña”, engadía Francisco Marín.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button